Socio local ADRA - Acção para o Desenvolvimento Rural e Ambiente
Financiador AECID
Coste total 543.307,00 €
Subvención 431.759,00 €
Duración Febreiro 2010 a xaneiro 2013 (concesión da subvención en 2009)
A acción pretende promover a implementación da Estratexia Nacional de Seguridade Alimentaria e Nutricional (ENSAN ) en Angola mediante 4 estratexias. En primeiro lugar, axudar ao Gabinete de Seguridade Alimentaria (GSA) do Ministerio de Agricultura na divulgación programática do documento da ENSAN, dirixida a actores crave e á sociedade civil no seu conxunto.
En segundo lugar, promover investigacións, informacións e intercambios na temática de SAN e o Dereito á Alimentación; e á vez establecer ferramentas técnicas de monitoreo e incidencia sobre o nivel de seguridade alimentaria e o grao de cumprimento da ENSAN.
Ademais, como terceira estratexia quérese fomentar a inclusión efectiva na ENSAN dos programas sectoriais gobernamentais pertinentes, para que se xere unha resposta interministerial, integral e conxunta ao problema da inseguridade alimentaria e para rematar, apoiar ao GSA na creación e posta en marcha dos mecanismos de coordinación institucional previstos na ENSAN, tanto a nivel da capital como nos niveis descentralizados das provincias de Huambo e Malange. Este proxecto executarase en Luanda, tendo como entidade de referencia o GSA, e nas 2 provincias-piloto de Huambo e Malange, incluíndo un total de 3.455 beneficiarios directos.
A pesar de que a subvención obtívose en 2009, o proxecto iniciarase en 2010.