Socio Local: ENDA Graf 3D (Association ENDA Sahel et Afrique de l’Ouest)
Financiador(es): Generalitat Valenciana
Cuantía total do proxecto: 562.582,38 €
Subvención: 449.947,38 €
Duración setembro 2010 – setembro 2013
A acción está orientada a contribuír a facer da descentralización un medio de loita contra a pobreza, co obxectivo especifico de reducir a pobreza da muller mellorando o seu acceso aos recursos económicos e á vida política nas Comunidades rurais de Yenne e de Sangalkam (Rexión de Dakar, Senegal). Para iso proxéctanse actividades articuladas en dous eixos:
- Aumentar a presenza das mulleres nos órganos de decisión locais a través de talleres de formación e intercambios sobre as leis de descentralización e xénero e activar o sistema de participación cidadá con especial énfase na elaboración de orzamentos participativos como un primeiro paso de participación da sociedade civil na elaboración de políticas locais.
- Aumentar os ingresos económicos das mulleres coa transformación de cereais, froitas e verduras e produtos pesqueiros. O apoio consistirá na mellora dos locais de transformación e na formación dos membros das asociacións de mulleres en técnicas de transformación, de mercadotecnia e de xestión de empresas.
O programa vai dirixido ás asociacións de mulleres, líderes comunitarios, autoridades municipais e poboación en xeral das comunidades rurais de Yenne e de Sangalkam da Rexión de Dakar, beneficiando directamente a 540 mulleres e 250 homes.