A tormenta tropical Aghata que afectou a Guatemala en 2010, tivo graves consecuencias no 39% do territorio nacional.
Tras a destrución parcial da escola da aldea Xicovic no municipio de Zunil (Departamento de Quetzaltenango), só os alumnos e alumnas de quinto e sexto de primaria puideron continuar as clases en instalacións moi precarias situadas nos terreos da escola. A falta de fondos da municipalidade de Zunil e das autoridades gobernamentais competentes non permitiu realizar os traballos de reconstrución necesarios para que os nenos e nenas máis pequenos (primeiro e segundo de primaria) puidesen seguir recibindo educación.
O proxecto colaborou co municipio e permitiu a reconstrución da escola da aldea Xicovic.
Os beneficiarios directos deste proxecto foron os 80 nenos e nenas que asistían á escola de educación primaria da aldea Xicovic.