Socio local Centro de Desenvolvemento Comunal e Municipal (CEDESCO)
Financiador Generalitat de Cataluña.
Custo total 63.868,12 €
Subvención 50.000,00 €
Duración o proxecto obtivo financiamento en 2011 e empezará en 2012
En xullo de 2010, de conformidade co previsto na Nova Constitución Política do Estado, aprobouse a Lei Marco de Autonomías e Descentralización (Lei 031 do 19/07/2010). No marco desta Lei, reestrutúrase a organización territorial do Estado e confírese ás entidades territoriais descentralizadas o status de autonomías. Esta reforma constitúe unha oportunidade moi importante ao achegar cada vez máis a administración pública ás necesidades e esixencias dos e as cidadáns/as. A transferencia das competencias e responsabilidades desde o Goberno central ás entidades autonómicas está suxeito á aprobación dos estatutos autonómicos das entidades territoriais (departamentos, municipios e territorios indíxenas orixinarios campesiños). No caso dos Municipios, os estatutos autonómicos chámanse Cartas Orgánicas Municipais (COM).
A presente proposta apoiará o proceso participativo de establecemento do réxime autonómico municipal no municipio de Torotoro (Departamento de Potosí), para contribuír ao desenvolvemento democrático e a gobernabilidade local segundo a Lei Marco de Autonomías e Descentralización. Para iso, o proxecto pretende:
1.- Preparar ao conxunto dos actores sociais e gobernamentais para o inicio do proceso constituínte autonómico: mellorar o nivel de información sobre a importancia do réxime de autonomía; e facilitar a procura de consenso para o arranque do proceso (definición de regulamentos para a elaboración da Carta Orgánica Municipal).
2.- Apoiar o proceso participativo de elaboración dos anteproxectos de Carta Orgánica Municipal prestando asistencia técnica (en ámbito xurídico, equidad de xénero, desenvolvemento económico, medio ambiente) e facilitando o consenso.