Socio local CEDESCO
Financiador AECID
Custo total 522.625,20€
Subvención 411.498,65€
Duración Novembro 2007 - outubro 2011
Orientado a incrementar a calidade de vida incidindo na seguridade alimentaria e no incremento de recursos económicos das familias indíxenas da Sub-Central Rumi Curral no Municipio de Tiquipaya-Bolivia, este proxecto proponse promocionar un proceso de desenvolvemento socioeconómico endóxeno, mellorando o sistema organizativo e produtivo agropecuario.
En concreto, o proxecto beneficiará a 621 persoas, das cales 318 son homes e 303 mulleres agrupadas en 126 familias campesiñas de orixe quechua, mediante a implementación dun sistema de rega por aspersión o que leva a construción dunha represa e as súas respectivas canles de rega, a mellora de métodos e técnicas de cultivo agrícola, a mellora de métodos e técnicas de produción leiteira de vacúns e a identificación de novas estratexias de comercialización dos produtos agropecuarios. Ademais, fortalecerase a organización social de produtores/as agropecuarios.