Socio local GNTP-Grupo Nacional de Trabajo Participativo.
Financiador Concello de Palma de Mallorca
Coste total 65.162,01 €
Subvención 52.000,00 €
Duración Maio 2010 a Maio 2011 (concesión da subvención en 2009)
O proxecto pretende contribuír ao fortalecemento dos procesos e mecanismos institucionais de concertación público-privada e fomento do desenvolvemento económico e produtivo local dos municipios de Sucre e Muyupampa. Para iso fortalecerase a administración pública local e as organizacións de micro, pequenas e medianas empresas (MIPYMES), en particular os emprendimientos de mulleres, dos municipios de Sucre e Muyupampa, mellorando a xestión participativa do desenvolvemento local. A pesar de que a subvención foi obtida en 2009, o proxecto iniciarase en 2010.