Financiador AECID
Custo total 160.650,51 €
Subvención 120.000 €
Duración Novembro 2009 - outubro 2011
Este proxecto, de case dous anos de duración, pretende aumentar a implicación de funcionarios, persoal laboral e políticos dos gobernos locais españois na promoción do desenvolvemento humano e sostible, así como sensibilizar sobre a importancia do cumprimento dos ODM.
Para logralo, o proxecto contempla diferentes actividades de sensibilización, como exposicións fotográficas ou cursos, e a elaboración dun manual pedagóxico de E.D. para a administración pública local. Aínda que o proxecto iníciase en 2009, será durante todo 2010 e 2011 cando se realicen as actividades principais. Bolivia, Guatemala e Senegal son os países sobre os que tratarán as exposicións, onde se analizará mediante imaxes a situación actual de cada país e o avance logrado ata agora en relación ao cumprimento dos ODM. implementarase en colaboración con COSITAL (Consello Xeral de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local) e a FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias).