MUSOL nace en 1998 da man dun grupo de funcionarios, profesionais, expertos e investigadores que centran os seus intereses e carreiras profesionais no ámbito da administración local española.
Desde a súa fundación, MUSOL ten unha vocación dirixida ao traballo cos entes locais do Sur, co obxectivo de fortalecer as capacidades dos actores locais e o seu papel no desenvolvemento local. Ao longo dos anos MUSOL diversificou a súa acción, desde o punto de vista xeográfico e sectorial; con todo a organización reafirma a súa ambición de constituír unha referencia no traballo cos entes públicos e as organizacións locais de España, África e América Latina.
En MUSOL promovemos o dereito a unha vida digna e o desenvolvemento sostible das poboacións máis desfavorecidas, desenvolvendo e fortalecendo as capacidades tanto dos gobernos rexionais e locais como da sociedade civil española, de África e América Latina, todo iso no marco dos procesos de desenvolvemento, descentralización e participación vixentes nos países destinatarios da nosa actividade.
Especializada no fortalecemento dos gobernos locais e rexionais dos países do Sur por ser institucións próximas ás persoas e responsables dos servizos básicos de auga, saúde e educación, defende os valores democráticos, a xustiza social, a equidade e os dereitos humanos. MUSOL cre nun traballo que teña como basee a transparencia, a responsabilidade, a aprendizaxe e a innovación para loitar contra a pobreza.
Actualmente, desenvolve diferentes proxectos de cooperación ao desenvolvemento en Latinoamérica e África, así como de sensibilización por toda a xeografía española e europea, co obxectivo de fomentar a participación e ampliar o coñecemento da administración local sobre en temas de cooperación ao desenvolvemento, codesenvolvemento e descentralización.
Recentemente MUSOL consolidou o seu proceso de cambio a Fundación.